Inicio Galicia Carmen Pomar: ?A marcha da Zona Franca impide desenvolver con garantías o...

Carmen Pomar: ?A marcha da Zona Franca impide desenvolver con garantías o proxecto Campus FP de Vigo?

0

A conselleira de Educación subliñou hoxe no Parlamento que a iniciativa conxunta transcendía o ámbito educativo, ao incorporar a construción dun Centro de Innovación Tecnolóxica e de Emprendemento

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, afirmou hoxe no Parlamento de Galicia que a marcha da Zona Franca “impide desenvolver con garantías o proxecto Campus FP de Vigo”. A iniciativa xa non será posible porque ”xurdiu como un proxecto conxunto entre Administración educativa e o Consorcio Zona Franca, que agora se retira con argumentos confusos” subliñou.

Para a conselleira, o Campus FP de Vigo transcendía o ámbito educativo “ao incorporar a construción dun Centro de Innovación Tecnolóxica e de Emprendemento na FP como elemento de conexión coas empresas”. “A Consellería responsabilízase de impulsar a innovación na formación máis práctica da FP e a adecuación da cualificación profesional do alumnado, pero para lograr a dinamización económica e empresarial o socio necesario no proxecto era Zona Franca”, afirmou.

Neste sentido, Carmen Pomar reiterou que a Consellería de Educación, Universidades e FP seguirá a apostar pola innovación educativa e pola potenciación da formación profesional con accións centradas na preparación de capital humano altamente cualificado, no fomento do traballo en rede, na coordinación dos centros de Formación Profesional e no impulso da FP dual, entre outras.

Leer más:  Un conductor sufre una indisposición y choca su caravana contra unos coches estacionados en Viveiro (A Coruña)

Mellora do tecido socioprodutivoSegundo sinalou a titular de Educación, o preocupante non é a vertente educativa do proxecto, xa que os centros de FP “seguirán formando con calidade e con innovación”. “O verdadeiramente preocupante é que unha entidade como Zona Franca, que asume como competencia propia a promoción económica de Vigo, renuncie a un investimento comprometido e que ía ser destinado a mellorar o tecido socioprodutivo desta importante zona de Galicia”, sentenciou.

Para Carmen Pomar é “sorprendente” que, a pesar de apoialo nun primeiro momento e de referirse publicamente a el como “importante para Galicia”, Zona Franca rexeite agora investir os 5,5 millóns de euros comprometidos para potenciar a innovación tecnolóxica e de emprendemento do alumnado de FP en Vigo e na súa área.

Ademais, a conselleira incidiu en que xa había unha solución técnica que lle permitía á Zona Franca investir na construción dun edificio en terreos cedidos pola Xunta, polo que desde a Xunta “non se entende o argumento de inviabilidade técnica esgrimido polo Consorcio Zona Franca de Vigo para non asumir o compromiso”.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

Segundo explicou Carmen Pomar, a creación do Campus FP en Vigo “respondía á oportunidade que implicaba aproveitar as sinerxías entre centros educativos e sector empresarial, a través dunha alianza cun axente como zona Franca, con especial interese na promoción económica e no emprendemento”, que ademais “non existe en ningunha outra cidade”, recalcou.

Campus FP VigoO Campus FP Vigo naceu como un proxecto de colaboración institucional entre a Xunta, como entidade responsable das competencias educativas, e o Consorcio Zona Franca de Vigo, como axente de emprendemento e desenvolvemento económico, para dotar a cidade da oliveira co primeiro campus especializado en Formación Profesional de España.

A iniciativa busca impulsar a coordinación de 16 centros públicos de seis concellos da área de Vigo, así como a colaboración con empresas da comarca e a transferencia de coñecemento. O investimento previsto ascende a máis de 12 millóns de euros, dos que, segundo se acordara, a Xunta achegaría 7,1 millóns e Zona Franca poría os 5,5 restantes. 


- Te recomendamos -