Inicio Galicia A Xunta acomete o despregue de redes ultrarrápidas de internet no parque...

A Xunta acomete o despregue de redes ultrarrápidas de internet no parque empresarial de Palas de Rei, ultimando as actuacións do Plan de Banda Larga para este ano

0

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e responsables da Amtega e o operador R explicaron o proxecto aos empresarios beneficiados


A Xunta de Galicia e o operador R poñen en servizo o acceso a redes ultrarrápidas de ata 350Mbps de velocidade no parque empresarial de Palas de Rei dende esta mesma semana. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e responsables da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o operador R explicaron hoxe o proxecto aos empresarios beneficiados nunha xuntanza na que tamén participou o alcalde, Pablo Taboada.

Balseiro avanzou que está previsto que o servizo chegue tamén este mes a Monterroso e Guitiriz, sumando en total 14 polígonos. “Estanse cumprindo os obxectivos do Plan de Banda larga da Xunta -asegurou-, que permitirá que a final de ano o 85 por cento da superficie empresarial ocupada da provincia conte con este tipo de cobertura”.

O delegado subliñou que o Goberno galego “pon á disposición das empresas chan industrial con modernas dotacións e servizos para incrementar a súa competitividade, incluídas as infraestruturas dixitais, que son hoxe en día ferramentas indispensables para o desenvolvemento de calquera proxecto empresarial”.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

As empresas dos polígonos beneficiados desta medida do Plan poden contratar servizos de internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

A Xunta subvenciona a través da Amtega estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).


- Te recomendamos -