Inicio Galicia O DOG publica hoxe a aprobación do cambio de titularidade a prol...

O DOG publica hoxe a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Valdoviño de cinco tramos antigos da estrada de titularidade autonómica Narón-Campo do Hospital

0

Trátase da transferencia destes treitos resultantes das melloras acometidas polo departamento de Infraestruturas da Xunta no trazado da AC-566


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Valdoviño de 5 tramos antigos da estrada de titularidade autonómica, AC-566, Narón-Campo do Hospital, resultantes de melloras de trazado acometidas polo departamento de Infraestruturas da Xunta dentro de termo municipal do municipio coruñés.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este decreto: https://goo.gl/USUXJpO Concello de Valdoviño manifestou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o seu interese pola transferencia de sete tramos antigos da estrada AC-566 situados entre os puntos quilométricos 8+950 e 25+300 do vial autonómico.Á vista do informe do departamento de Infraestruturas da Xunta, o Executivo autonómico deu o visto bo ao Decreto que aproba o cambio de titularidade de cinco tramos. En concreto, na marxe esquerda da estrada se transfiren os tramos dos puntos quilométricos 16+360 a 16+480, 23+940 a 24+010 e o 15+070 a 15+180, este último coa condición de que o Concello solicite o acceso ao servizo de Infraestruturas da Coruña, pois actualmente está inhabilitado. Os outros dous tramos que se transfiren ao Concello de Valdoviño se sitúan na marxe dereita da mesma estrada AC-556, nos puntos quilométricos 25+150 a 25+200 e 25+230, ata o estribo da antiga ponte.

Co cambio de titularidade destes tramos, o Concello de Valdoviño poderá actuar sobre os elementos que se transfiren, que pasan a ser de titularidade municipal, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos, e reducirá as cargas administrativas sobre os cidadáns das zonas polas que discorre.

A transferencia da titularidade permite ao Concello de Valdoviño intervir sobre estes treitos de estrada, o que facilitará as labores de mantemento das mesmas e favorecerá as tarefas da Administración Local con respecto ás necesidades dos usuarios.

O cambio de titularidade tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberán ser aprobados por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, como órgano competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O cambio de titularidade a prol da Administración local formalizarase mediante a sinatura da acta de entrega, no prazo dos dous meses seguintes a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


- Te recomendamos -