Inicio Galicia A Xunta inviste máis de 171.000 euros na mellora de infraestruturas e...

A Xunta inviste máis de 171.000 euros na mellora de infraestruturas e de seguridade no polígono industrial de Negreira

0

O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o parque empresarial para verificar os proxectos


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o parque empresarial Negreira para comprobar os proxectos de mellora das infraestruturas viarias e da seguridade no polígono industrial, que se van realizar nas vindeiras semanas grazas a unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industrial de 172.674 euros.

Na visita, na que tamén estivo presente o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, Ovidio Rodeiro comprobou que o investimento permitirá dotar ao polígono dun sistema de videovixilancia e dun aparcadoiro para vehículos pesados.

Ovidio Rodeiro sinalou que “a Xunta de Galicia mantén o seu compromiso co desenvolvemento industrial de Galicia, por iso a Consellería de Economía, Industria e Emprego está a facer un importante esforzo orzamentario para incrementar a dotación do programa de apoio aos parques empresariais”.

Esta actuación forma parte da orde de axudas a través da cal a Xunta investirá 395.000 euros para mellorar os parques empresariais da área de Santiago en catro concellos: Melide, Negreira, Ordes e Santa Comba.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

A maioría dos proxectos van orientados a mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos e para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia, aínda que tamén para plantas de depuración de auga, xestión de residuos ou instalacións contraincendios. En total, na provincia da Coruña investiranse 2,2 millóns para financiar 29 proxectos de 25 concellos, dos que dous eran concellos emprendedores cando se resolveron as axudas.

Con respecto á orde de axudas destinada a parques empresariais, aprobáronse un total de 76 proxectos. Desenvolveranse en 62 concellos galegos –dos que 20 eran concellos emprendedores cando se concederon os apoios, é dicir, aqueles adheridos ao convenio entre Xunta e Fegamp para impulsar a captación de novos investimentos empresariais– cun investimento de 5,7 millóns de euros e unha mobilización de 7,45 millóns. Concretamente na comarca de Santiago, Melide e Ordes son Concellos Emprendedores.

Coa aprobación destes proxectos, esta orde terá permitido, desde 2009, realizar 502 proxectos en 149 parques industriais de 122 concellos galegos cun investimento de 35 millóns de euros.

Leer más:  Feijóo se siente tranquilo ante la comisión de investigación gallega sobre varios contratos de la Xunta

Con estas novas axudas, nas que este ano os concellos cmprendedores tiveron preferencia, a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o desenvolvemento das súas infraestruturas, co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade e co apoio ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia. 


- Te recomendamos -