Inicio Galicia A Xunta publica no DOG a transferencia ao concello de Lobios dun...

A Xunta publica no DOG a transferencia ao concello de Lobios dun camiño de servizo na estrada de conexión con Portugal, para executar unha ciclovía de Vilameá a Baños de Riocaldo

0

O Executivo galego, á vista do informe do departamento de Infraestruturas da Xunta, autoriza o cambio de titularidade de tres zonas de dominio público viario na marxe dereita desta estrada de titularidade autonómica

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación da transferencia a prol do Concello de Lobios dun camiño de servizo na estrada OU-312, Lobios-Fronteira de Portugal, que permite ao concello ourensán a execución dunha ciclovía de Vilameá a Baños de Riocaldo.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este decreto: https://goo.gl/5TrmjpDesde o Concello de Bande manifestouse á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o seu interese polo cambio de titularidade do camiño de servizo existente na marxe dereita desta estrada autonómica, entre Vilameá e Bubaces.

O Goberno galego, á vista do informe do departamento de Infraestruturas da Xunta, autoriza a transferencia de titularidade a prol do Concello de Lobios de tres zonas de dominio público viario na marxe dereita da estrada de titularidade autonómica OU-312.

Trátase do camiño de servizo e franxa de dominio público dende o punto quilométrico 5+460 ao PQ 6+140 , e as franxas de dominio público desde o punto quilométrico 6+250 ao 6+365, e desde o punto quilométrico 6+375 ao 6+400.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

O cambio de titularidade tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberán ser aprobados por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O procedemento establecido nesta lei permite axilizar este tipo de expedientes, que son beneficiosos para a Xunta, ao non ter que explotar a totalidade da vía, e para o concello, xa que facilita a xestión e libera aos cidadáns das cargas administrativas que supón a súa consideración como estrada autonómica. 


- Te recomendamos -