Inicio Galicia A Xunta traslada ao Goberno central e a Alcoa a necesidade de...

A Xunta traslada ao Goberno central e a Alcoa a necesidade de que asuman a súa corresponsabilidade e busquen solucións para o mantemento do emprego e da actividade industrial

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Madrid na reunión convocada pola Secretaría Xeral de Industria e da Peme á que asistiron representantes tanto do Goberno central como das Administracións autonómicas de Galicia e Asturias, así como da empresa e dos traballadores


Madrid, 23 de outubro de 2018.- A Xunta trasladou ao Goberno do Estado e a Alcoa a necesidade de que asuman a súa corresponsabilidade e solicita que traballen para a busca de solucións que permitan o mantemento do emprego e da actividade industrial nas plantas da Coruña e de Avilés. Así o manifestou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, no transcurso do encontro convocado en Madrid pola Secretaría Xeral de Industria e da Peme, que reuniu á Administración central, galega e asturiana con representantes tanto de Alcoa como dos traballadores.

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”,”serif”;}

  Así, Galicia puxo sobre a mesa as dúas premisas nas que non se conseguiu ningún avance na xuntanza. Premisas irrenunciables que a Xunta defende desde o primeiro momento e para as que ten como aliados tanto aos traballadores de Alcoa como do Goberno asturiano: que a empresa rectifique e poña fin ao expediente de regulación de emprego na Coruña e Avilés e que o Goberno central se sume a esta alianza e reaccione ofrecendo a certeza necesaria, que pasa por fixar un marco enerxético estable que achegue fiabilidade ás empresas electrointensivas en España, como é o caso de Alcoa.   O Goberno do Estado é a única Administración con competencias para definir este marco estratéxico, polo que Conde insistiu na necesidade de concreción por parte do Executivo,  que se traduce na convocatoria da poxa de interrompebilidade para 2019 e na execución da partida deste ano dos Presupostos Xerais do Estado para compensar ás electrointensivas polos resultados da última poxa.   Conde ratificou o apoio da Xunta aos traballadores das plantas, tanto da Coruña como de Avilés, e comprometeuse a seguir traballando da man para que se atope unha resposta rápida á súa situación e unha solución que permita garantir o emprego dos 700 traballadores e o mantemento da actividade industrial.

Leer más:  Un anciano de ochenta años fallece en Vilardevós (Ourense) después de que su tractor volcara

- Te recomendamos -