Inicio Galicia A Xunta salienta en Vigo a importancia da Feira Internacional de Emprego...

A Xunta salienta en Vigo a importancia da Feira Internacional de Emprego Universitario para impulsar o talento da mocidade

0


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, asistiu hoxe en Vigo á apertura da Feira Internacional de Emprego Universitario que organizan, co apoio da Xunta, as universidades de Porto, Vigo, Trás-Os-Montes e Alto Douro e La Católica Portuguesa co obxectivo de impulsar o traballo de calidade na eurorrexión. A feira, na que participaron en edicións anteriores máis de 400 empresas e puntos de información de toda Europa promovendo a xestión de máis de 15.000 candidaturas a ofertas de emprego, celébrase hoxe e mañá no Ifevi. A iniciativa, aberta a estudantes e titulados de calquera universidade, ofrece aos seus participantes contacto directo cos responsables de recursos humanos de empresas e organizacións; ofertas de emprego, becas e prácticas; procesos de selección a medio e longo prazo; entrevistas de traballo; e sesións informativas e workshops.


- Te recomendamos -