Inicio Galicia Almuiña destaca o traballo que están a desenvolver as distintas áreas sanitarias...

Almuiña destaca o traballo que están a desenvolver as distintas áreas sanitarias en materia socio-comunitaria

0


O conselleiro de Sanidade subliñou hoxe, no transcurso da inauguración da I Xornada de saúde socio-comunitaria, que o seu departamento traballa para impulsar intervencións comunitarias. Almuiña destacou as accións que se están a desenvolver nas diferentes áreas sanitarias no último ano en intervencións socio-comunitarias, que cualificou de exemplo a seguir. Tamén apuntou que desde estes servizos se presta apoio e asesoramento e se traballa conxuntamente con entidades sociais en programas destinados á poboación vulnerable.

Durante a súa intervención, o conselleiro remarcou que a atención primaria segue a ser o principal potencial de cambio para dar resposta ás novas necesidades socio-sanitarias. Almuiña subliñou que a Administración sanitaria traballa para fomentar maiores vínculos entre os actuais recursos sanitarios de atención primaria e os sociais. E indicou que o envellecemento da poboación, a cronicidade, a discapacidade e a dependencia, así como a irrupción de novas tecnoloxías e as nova patoloxías precisan de servizos de saúde integrados cos sociais.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

- Te recomendamos -