Inicio Galicia A Xunta inviste máis de 93.800 euros na mellora de infraestruturas viarias...

A Xunta inviste máis de 93.800 euros na mellora de infraestruturas viarias no poligono de Río do Pozo en Narón

0

O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro visitou o parque empresarial para coñecer o proxecto


Narón (A Coruña), 23 de outubro de 2018.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o parque empresarial de Río do Pozo no concello de Narón, para coñecer o proxecto de mellora das infraestruturas viarias neste polígono industrial. As obras, que comezarán en breve, son posibles grazas a unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industrial que asumiu o pago dunha axuda de 93.827 eurosNa visita, na que tamén estivo presente a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, Ovidio Rodeiro comprobou que o investimento permitirá repoñer a capa de rodadura nos viais do polígono industrial, tanto no interior como no seu acceso. As actuacións son necesarias porque estas vías, que corresponden sobre todo as fases I e II, contan con tramos moi deteriorados polo continuo paso de camións de gran tonelaxe.

O delegado territorial puntualizou que “a orde de axudas aos polígonos industriais é unha ferramenta do Goberno galego para financiar infraestruturas que inciden directamente na mellora da calidade de servizos para as empresas instaladas nos citados polígonos”.

Esta actuación forma parte da orde de axudas a través da cal a Xunta investirá 571.917 euros para mellorar os parques empresariais en sete concellos da área de Ferrol (Cabanas, Fene, Narón, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes e As Somozas). A maioría dos proxectos van orientados a mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos e para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia, aínda que tamén para plantas de depuración de auga, xestión de residuos ou instalacións contra incendios. En total, na provincia da Coruña investiranse 2,2 millóns para financiar 29 proxectos en 25 concellos, dos que seis eran emprendedores cando se resolveron as axudas.

Con respecto á orde de axudas destinada a parques empresariais, aprobáronse un total de 76 proxectos. Desenvolveranse en 62 concellos galegos –dos que 20 eran concellos emprendedores cando se concederon os apoios, é dicir, aqueles adheridos ao convenio entre Xunta e Fegamp para impulsar a captación de novos investimentos empresariais– cun investimento de 5,7 millóns de euros e unha mobilización de 7,45 millóns. Concretamente na comarca de Ferrol, Narón é un Concello Emprendedor.

Coa aprobación destes proxectos, esta orde terá permitido, desde 2009, realizar 502 proxectos en 149 parques industriais de 122 concellos galegos cun investimento de 35 millóns de euros.

Con estas novas axudas, nas que este ano os Concellos Emprendedores tiveron preferencia, a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o desenvolvemento das súas infraestruturas, co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade e co apoio ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia.  FERROL


- Te recomendamos -