Inicio Galicia A Xunta mellora o funcionamento da ferramenta web Percegurú para que os...

A Xunta mellora o funcionamento da ferramenta web Percegurú para que os percebeiros poidan faenar coa máxima seguridade

0

A actualización responde a unha demanda xeneralizada do sector percebeiro, plantexada a través da confraría de pescadores de Camariñas

A Consellería do Mar vén de actualizar a aplicación web “Percegurú”, coa finalidade de que os percebeiros galegos dispoñan das condicións do mar en cada zona na que se explota o percebe a calquera hora do día e poidan desenvolver a súa actividade coa máxima seguridade. Así o explicou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, na presentación da actualización desta ferramenta, celebrada no Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar). No acto tamén participou a directora do Intecmar, Covadonga Salgado.

Esta actualización responde a unha demanda xeneralizada do sector percebeiro, plantexada a través da confraría de pescadores de Camariñas. Nesta liña, Susana Rodríguez trasladou que constitúe un exemplo da importancia e da necesidade de escoitar ao sector, coñecer as súas preocupacións e traballar da man para solventalas. Isto, subliñou a directora, conxuga cun dos grandes obxectivos da Consellería do Mar, acadar a cogobernanza da actividade marítimo pesqueira, unha cogobernanza entre a Administración o sector e a comunidade científica que permita conducir a actividade pesqueira cara a sustentabilidade social, ambiental e económica dos nosos mares, dixo.

Leer más:  Rueda insiste en que será "muy reivindicativo" con la financiación: "No renuncio a lo que nos pertenece"

Así, a directora lembrou que esta aplicación existe desde o ano 2012 e agora o que se fai é actualizala, mellorando a súa resolución, ampliando os graos de risco –ata agora había tres e engadiuse un máis- e facendo que a información que contén a ferramenta web se actualice automaticamente, sen interrupción na fin de semana.

Neste sentido, Susana Rodríguez incidiu en que a aplicación Percegurú facilita información básica das condicións oceanográficas e atmosféricas de cada unha das zonas de extracción de percebe con tres días de antelación e, polo tanto, permítelles orientar o seu traballo. Así, a directora explicou que os percebeiros poden coñecer información da ondaxe e, por isto, poden saír a faenar con seguridade e de maneira mellor organizada.

Con esa antelación, calquera percebeiro pode coñecer dunha maneira sinxela o horario local das mareas; cal vai ser a temperatura ambiente e da auga coa que se vai atopar; con que intensidade e en que dirección van soprar os ventos; cal é a forza e o estado do mar; e a dirección, frecuencia e altura das ondas. Precisamente, a altura que acaden as ondas vai ser o factor determinante para reflectir sobre un mapa o grao de risco que pode supoñer a actividade en cada zona, representándoo cunha luz ou semáforo azul se as ondas non superan o metro de altura; verde se as ondas están entre un e dous metros; amarelo, se están entre dous e tres metros; e vermello se superan os tres metros.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

A esta ferramenta web, á que se pode acceder no enderezo http://ww3.intecmar.org/percebeiros, desenvolveuse no marco do Proxecto Europeo RAIA, polas unidades de Modelado Oceanográfico e Documentación e Apoio Científico do Intecmar e que emprega datos de MeteoGalicia. 


- Te recomendamos -