Inicio Galicia A Xunta inicia a revisión da planificación hidrolóxica da demarcación Galicia-Costa, abrindo...

A Xunta inicia a revisión da planificación hidrolóxica da demarcación Galicia-Costa, abrindo o proceso de participación coa publicación dos documentos iniciais para o ciclo 2021-2027

0

A súa difusión hoxe no DOG supón o comezo da fase preliminar da revisión e actualización dos estudos que integran a planificación hidrolóxica vixente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, inicia a revisión da planificación hidrolóxica da Demarcación hidrográfica Galicia-Costa, abrindo o proceso de participación pública coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia dos documentos iniciais para o novo ciclo 2021-2027. No seguinte enlace pode consultarse toda a información: https://bit.ly/2q0veud A planificación hidrolóxica é a ferramenta esencial que fai posible as políticas de xestión da auga, e a publicación hoxe no DOG dos documentos iniciais supón o comezo da fase preliminar da revisión e actualización de todos os estudos e documentación que integran a planificación hidrolóxica vixente ata o ano 2021, cara o novo ciclo 2021-2027.

Nesta etapa preliminar defínese o programa de traballo que se seguirá durante o proceso de revisión que culminará coa aprobación dun novo Plan Hidrolóxico Galicia- Costa. Indica o calendario sobre as fases de elaboración do plan, a actualización do estudo xeral da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa así como as fórmulas que se utilizarán no novo ciclo para potenciar a información, consulta pública e participación activa de todos os usuarios.

Leer más:  Hallan con vida cerca de su casa al octogenario de Santiago que llevaba desaparecido desde el jueves

Co desenvolvemento do Plan hidrolóxico, que se configura como un plan dinámico, en base á propia variabilidade do medio hídrico, a Xunta segue as directrices europeas da Directiva Marco da Auga, que establece que cada 6 años se revisarán os plans de cuenca.

Partindo do Plan Hidrolóxico vixente, nos documentos iniciais avánzanse algunhas das actualizacións fundamentais que recollerá o novo Plan. Máis en concreto, a primeira actualizacións do inventario de presións que soportan as augas para a posterior avaliación das repercusións da actividade humana, así como unha primeira valoración do cumprimento dos obxectivos medioambientais das masas de auga no período 2014-2016.

Tamén trata a caracterización socioeconómica dos usos e servizos da auga en Galicia-Costa, co obxectivo de determinar o nivel de recuperación de custos dos servizos relacionados coa auga, e amosa o proxecto de participación pública deseñado para involucrar á cidadanía na xestión dos recursos hídricos da Demarcación.

Tal e como publica o DOG hoxe, estes documentos poden ser consultados durante os próximos 6 meses, para a presentación de cantas consideracións ou aportacións se consideren necesarias por parte de toda a cidadanía. O obxectivo é potenciar a participación activa no proceso planificación, de xeito que como resultado final de todo o proceso, se acade un plan hidrolóxico consensuado e que responda ás necesidades de todos.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

Neste eido, e como parte do proxecto de participación pública, cada unha das distintas fases do plan terá o seu propio proceso de consulta, que será ampliado co obxectivo de alcanzar unha participación activa real, por medio de reunións sectoriais, talleres abertos e iniciativas de participación vía web.

Unha vez concluída esta etapa preliminar, Augas de Galicia dará comezo á primeira fase do ciclo, coa elaboración do esquema de temas en materia de xestión das augas na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa. Posteriormente a segunda fase consistirá na redacción do borrador do Plan hidrolóxico da Demarcación hidrográfica Galicia Costa 2021-2027,que deberá estar aprobado antes do 21 de decembro de 2021. 


- Te recomendamos -