Inicio Galicia A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal celebra en Allariz as II xornadas transfronteirizas...

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal celebra en Allariz as II xornadas transfronteirizas sobre xardinería

0

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, participou no acto de inauguración xunto coa subdirectora da Eurorrexión, Graça Fonseca


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá en Allariz na inauguración da segunda edición da xornada técnica de Xardinería que tratou sobre ‘Paredes verticais e cubertas axardinadas’, organizada pola Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal (AECT), a Associação Nacional de Empresas Florestais, Agrícolas e do Ambiente (Anefa) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar).

O acto de inauguración contou ademais coa presenza da subdirectora da Eurorrexión (AECT), Graça Fonseca; o xefe da División e Ordenamento e xestión do Territorio da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), José Cangueiro; e, por último, a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid.

A delegada territorial subliñou que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é un referente en materia de cooperación transfronteiriza en Europa, que leva moito tempo convertendo as fronteiras, tradicionais elementos de división e separación, en ferramentas de desenvolvemento, innovación e crecemento económico.

Leer más:  Drones de la Axencia Galega de Emerxencias se suman a la búsqueda del hombre de 80 años desaparecido en Santiago

Na súa intervención Díaz Mouteira indicou que esta xornada, ademais de afondar na necesidade de cooperación transfronteiriza e de colaboración empresarial e innovación ao redor dos diferentes sectores económicos, e nomeadamente da xardinería, amosa o compromiso do Goberno galego en materia de enerxía e clima e na loita contra o cambio climático.

A xornada, financiada polo programa POCTEP (Interreg V-A España-Portugal) e que contou con prestixiosos técnicos da materia e máis de 165 inscritos, analizou os beneficios dos xardíns verticais e cubertas axardinadas, as posibilidades de negocio que poidan favorecer alianzas luso-galaicas e as estratexias de promoción e divulgación para o futuro deste sector na Eurorrexión.


- Te recomendamos -