Inicio Galicia O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama explorou no...

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama explorou no ano 2017 a 57.774 mulleres de 50 a 69 anos da provincia da Coruña

0

Delas, 1.563 foron remitidas a unha unidade de diagnóstico e tratamento para completar probas, que confirmaron en 225 casos un cancro de mama

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (xestionado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade) explorou o pasado ano 2017, na Provincia da Coruña, a un total de 57.774 mulleres de 50 a 69 anos.

Desta cifra, que representa unha participación do 81,93 por cento da poboación diana do programa na provincia, 1.563 mulleres foron posteriormente remitidas a unha unidade de diagnóstico e tratamento para completar probas, que confirmaron en 225 casos un cancro de mama.

No que atinxe ao Concello de A Coruña, o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama explorou en 2017 a un total de 11.362 mulleres, cifra que representa un 73,36 por cento de participación da súa poboación diana, e froito desta iniciativa preventiva colaborouse a detectar un total de 60 patoloxías malignas entre mulleres deste Concello.

Neste ano 2018 os datos a 30 de setembro son de 56.707 mulleres exploradas, das que 1.466 foron remitidas a unha unidade de diagnostico a tratamento, e xa se confirmaron ata a data sinalada, 197 casos de cancro de mama. A porcentaxe de participación provisional e de 77,12 por cen.

Leer más:  Un camionero fallece en la A-52 en Toén (Ourense) al ser arrollado después de descender del vehículo por un reventón en una de las ruedas

Modernización gradual da estrutura asistencialO Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, consolidou a modernización gradual da súa estrutura asistencial, cara a mellorar as taxas de participación das mulleres no Programa. Así, creáronse unidades fixas en hospitais comarcais da xeografía galega, o que permitiu avanzar no proceso de integración do programa no sistema asistencial, unha mellora da oferta dos hospitais comarcais cun novo servizo á súa poboación, a racionalización na utilización de recursos e a mellora na calidade asistencial percibida polas mulleres.

Infraestrutura do Programa na provinciaA infraestrutura asistencial do Programa na provincia da Coruña está formada polas seguintes unidades de exploración: 3 no Hospital Abente Lago da Coruña, 2 no Hospital Xil Casares de Santiago, 2 no Hospital Naval de Ferrol, 1 no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e 1 no Hospital do Barbanza de Ribeira. Nestas 9 unidades de exploración realízanse as probas mamográficas. Tamén contan coas unidades de avaliación radiolóxica, que centralizan a lectura das mamografías e, por último, as unidades de diagnóstico e tratamento, que están integradas polas consultas de Cirurxía e/ou Xinecoloxía dos hospitais públicos da rede do SERGAS.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

A lectura das mamografías está centralizada nas unidades de avaliación radiolóxica, formadas por especialistas que pertencen aos Servizos de Radioloxía dos Complexos Hospitalarios Universitarios da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Na Xefatura Provincial de Sanidade da Coruña está a Unidade Central do Programa, onde se coordinan e xestionan as unidades de exploración de toda a comunidadeA alta calidade da avaliación radiolóxica garántese pola experiencia dos radiólogos na lectura de mamografías e porque as mamografías de cada muller son avaliadas por dous radiólogos de xeito independente, co que se asegura a máis correcta interpretación das imaxes radiolóxicas.

Os principais obxectivos do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama buscan primordialmente a redución nun 25% da mortalidade por esta doenza nas mulleres. Así mesmo, preténdese acadar unha participación superior ao 70% das mulleres que se citan, asegurar a estrutura axeitada para o seguimento das mulleres que deron positivo na proba e continuar a elaboración e mantemento do sistema de información deste Programa. Relevancia do diagnóstico precozSanidade incide na relevancia dun diagnóstico precoz, xa que aumenta ata o 90% as posibilidades de curación, porcentaxe que sobrepasa o 95% cando o diagnóstico se realiza antes de que se faga invasivo.

Leer más:  Pontón pide al Partido Popular que deje de luchar contra el idioma gallego y opte por un amplio consenso a favor de la lengua

A citación das mulleres na provincia de A Coruña é persoal e por Concellos, cara a garantir a periodicidade de dous anos do cribado en cada municipio. Dita citación envíase por carta de dez a quince días antes da cita, e nela, especifícase o lugar, día e hora en que se debe acudir á realización da proba mamográfica. Na mesma carta, facilítase un número de teléfono -981141414- ao que se poden dirixir ás usuarias para se informar sobre cambios de domicilio, solicitar información, ou realizar cambios de cita. Se a proba resulta negativa, as mulleres reciben o resultado por carta personalizada, recomendándolles seguir no Programa de Cribado e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos.

No caso de que sexa necesario realizar máis probas para chegar a un diagnóstico, infórmase á muller por carta certificada e con xustificante de recepción. Nesa misiva facilítaselles unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento e un teléfono de atención directa.


- Te recomendamos -