Inicio Galicia Sanidade acorda coas organizacións sindicais a ampliación da carreira profesional ordinaria ao...

Sanidade acorda coas organizacións sindicais a ampliación da carreira profesional ordinaria ao persoal estatutario substituto de larga duración

0

Uns 1.500 traballadores beneficiaranse deste acordo


O Servizo Galego de Saúde e os sindicatos asinaron hoxe en Mesa sectorial o acordo de modificación do Pacto de selección de persoal estatutario temporal do Sistema Público de Saúde de Galicia, a efectos de facilitar que o persoal substituto de larga duración poida optar a nomeamento de interino e, ao mesmo tempo, poida acceder ao sistema de carreira ordinaria. Este acordo beneficiará a uns 1.500 traballadores.

Deste xeito, a Administración cumpre co compromiso adoptado neste sentido cos sindicatos CIG, CEMS-O´MEGA, UGT, CSIF e SATSE .

Así mesmo, xa se teñen constituído nas xerencias os comités de avaliación dos méritos dos aspirantes, conforme ao acordo de carreira.

Carreira profesionalO Sergas estableceu as bases da carreira profesional logo do acordo ao que chegou o cos sindicatos na reunión da Mesa sectorial do pasado 6 de xullo.

O documento blinda a equiparación plena dos dereitos recoñecidos de médicos, persoal de enfermería e resto do persoal sanitario e non sanitario. Tamén blinda o pleno recoñecemento económico dos mesmos dereitos para o persoal interino, que por primeira vez vai acceder ao recoñecemento da carreira profesional. Esta medida sitúa a Galicia como unha das comunidades autónomas que recoñece carreira ao persoal interino, con plenitude de dereitos e ao mesmo nivel que o persoal fixo.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

A carreira profesional estrutúrase nun grao inicial (ao que poderá acceder o persoal fixo da categoría, o persoal interino en praza vacante e o persoal fixo doutra categoría que está a desempeñar unha praza vacante por promoción interna temporal) e catro graos.

O ciclo completo dos 4 graos para persoal licenciado sanitario é de 22 anos, o que sitúa a Galicia por baixo doutras comunidades como Cataluña ou País Vasco, nas que se requiren 25 anos para completar o ciclo.

Para o resto dos colectivos (persoal diplomado/graduado sanitario, sanitario de FP e persoal de xestión e servizos) contémplase un periodo de 24 anos. Esta duración sitúa a Galicia na media do resto dos servizos de saúde.

Nas bases de carreira ordinaria contémplase un sistema transitorio de encadre para o acceso a un grao máis, e, así mesmo, unha flexibilización nos requisitos para o acceso a un seguinte grao que vai permitir ao persoal que concurra á carreira profesional o recoñecemento de dous graos en dous anos. Este réxime transitorio de encadramento é para o persoal fixo que durante os anos da crise económica veu paralizada a posibilidade de progresar nos graos.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

O obxectivo do sistema de carreira profesional é recoñecer a achega dos profesionais á mellora da calidade dos servizos sanitarios públicos; distinguir aos profesionais outorgando un recoñecemento obxectivo á súa competencia profesional individual; xerar máis corresponsabilidade e fomentar a cultura do compromiso co sistema sanitario público, promovendo a actualización dos seus coñecementos e competencias e a mellora da súa cualificación.

A carreira profesional é voluntaria, personalizada, progresiva, avaliable, transparente, aberta, irreversible, actualizable e homologable. Independente do posto de traballo que se ocupe, obter un grao de carreira determinado non implica que o profesional cambie de posto de traballo nin a actividade que desenvolve.  


- Te recomendamos -