Inicio Galicia A Xunta salienta que o avance nas obras da Ponte da Barca...

A Xunta salienta que o avance nas obras da Ponte da Barca permite manter o prazo de remate a final de ano

0

Neste momento estase terminando de realizar a desmontaxe da marquesiña e procedendo á reparación do formigón da ponte, e avanza que o vindeiro mes de novembro comezarase a instalar a nova marquesiña

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, salientou hoxe no Parlamento de Galicia que o avance nas obras de rehabilitación da Ponte da Barca, entre os concellos de Pontevedra e Poio, permiten manter o prazo de remate a final de ano, e están a facer compatibles os traballos co tránsito de peóns e a circulación de vehículos, minimizando o seu impacto no tráfico.

Francisco Menéndez detallou o grado de execución das obras da Ponte da Barca, na que o Goberno galego está a investir 1,2 millóns de euros, o director da AXI informou dos pasos que se están a realizar en paralelo, de substitución das marquesiñas e os de reparación do formigón da ponte, sendo este último o que marca o prazo da obra.

O director da Axencia Galega de infraestruturas indicou que neste momento estase terminando de realizar a desmontaxe da marquesiña e procedendo á reparación do formigón da ponte. E avanzou que, o vindeiro mes de novembro comezarase a instalar a nova marquesiña.

Leer más:  Feijóo se siente tranquilo ante la comisión de investigación gallega sobre varios contratos de la Xunta

Sinalou que as obras iniciadas o pasado 4 de agosto, e que contan cun prazo de execución de 5 meses, manteñen a previsión de rematar a final de ano, coa prevención de que é necesario realizar o traballo final de pintado da ponte en condicións axeitadas de humidade, polo que este punto estará condicionado á meteoroloxía.

Traballos, engadiu, que se están a realizar tendo en conta a necesidade de manter a máxima seguridade, tanto na prevención de riscos no caso dos traballadores, como tamén á hora de evitar afeccións, dado que a ponte está nun ámbito de moita mobilidade. De feito, dixo, as actuación están a garantir o tránsito de peóns entre ambas marxes do río, polo que programación das actuacións de retirada das antigas marquesiñas e colocación das novas, está previsto que se manteña libre sempre un dos pasos. O director da Axencia Galega de Infraestruturas lembrou que tamén na execución das obras se avanza segundo a planificación establecida, cumprindo o compromiso de non afectar ao tráfico rodado ao programarse as actuacións que puntualmente poidan producir afeccións en horario nocturno, coa fin de que o impacto no tráfico debido á execución das obras sexa o mínimo posible, ata o momento.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

Francisco Menéndez referiu que todas actuacións nesta infraestrutura, teñen por obxectivo dotar á Ponte da Barca dun aspecto renovada, con importante melloras funcionais, ademais, incrementarán a vida útil da ponte e contribuirán a súa posta en valor.

E neste sentido tamén mencionou que estas obras de conservación e renovación da marquesiña veranse completados coa instalación de nova iluminación, con proxectores led en ponte e estrada, de maior eficiencia enerxética, e que permitirán poñer en valor a Ponte da Barca, ao mellorar a súa estética e resaltar a estrutura. 


- Te recomendamos -