Inicio Galicia O centro de día de Miño entrará en servizo nos primeiros meses...

O centro de día de Miño entrará en servizo nos primeiros meses de 2019

0

O convenio para a xestión do centro xa lle foi remitido ao Concello de Miño e a Xunta agarda que o municipio o aprobe en breve

A Xunta de Galicia anuncia que nos primeiros meses do ano que vén está prevista a entrada en servizo do novo centro de día de Miño, que se incorporará á rede de atención aos maiores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e que terá unha capacidade máxima de 30 prazas para outros tantos maiores dese municipio e dos seus arredores.

O convenio para a xestión do centro xa lle foi remitido ao Concello de Miño e a Xunta agarda que o municipio o aprobe en breve. Unha vez formalizado ese acordo, o Consorcio procederá á licitación da xestión do centro de día, que prevé levar a cabo antes de que remate este ano, para que o centro poida abrir a principios do que vén. De feito, a administración autonómica xa inclúe unha partida específica para a apertura destas instalacións no seu Proxecto de Orzamentos para 2019.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

A sinatura deste convenio é necesaria porque o edificio do centro de día, que foi habilitado e equipado polo Concello, é de titularidade municipal. O documento incluirá a cesión de uso ao Consorcio e os termos concretos de xestión do centro, que se axustarán ao modelo de cofinanciamento establecido para os centros xestionados polo Consorcio tras un acordo marco coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Hai que ter en conta tamén que, no ano 2015, o Consorcio previra a inclusión da xestión deste centro de día nunha licitación conxunta con outros centros que xa estaban en funcionamento, malia que finalmente non foi posible poñer en funcionamento o devandito recurso para os maiores porque houbo que introducir algunhas modificacións para adaptalo á normativa que regula este tipo de usos. Todos eses cambios xa están resoltos.


- Te recomendamos -