Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Rabal, que segundo as primeiras estimacións afecta unhas 20 hectáreas.
O lume comezou onte ás 22,30 horas e quedou xa estabilizado ás 04,20 horas da madrugada. Na súa extinción traballan 3 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas e 1 pa.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
- Te recomendamos -