Inicio Galicia Os 23 emprendedores do coworking da Costa da Morte impulsan 20 proxectos...

Os 23 emprendedores do coworking da Costa da Morte impulsan 20 proxectos vinculados ao sector TIC, á moda, ao turismo, á artesanía, á formación, á construción e á alimentación

0

A Escola de Vela de Cabana de Bergantiños acolleu hoxe a presentación das iniciativas desenvoltas na última convocatoria da aceleradora, na que colaboran o Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Escola de Organización Industrial


A Escola de Vela de Cabana de Bergantiños acolleu hoxe a presentación dos proxectos impulsados na terceira edición do coworking impulsado polo Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do IGAPE, e a Escola de Organización Industrial (EOI), na que se achegou formación e asesoramento para o desenvolvemento dun total de 20 iniciativas.

Os 23 emprendedores que desenvolveron os proxectos empresariais neste espazo coworking, no que recibiron asesoramento á medida sobre a posta en marcha das súas iniciativas, optaron por diferentes ámbitos de actividade, como os servizos tecnolóxicos apoiados nas TIC, o sector da moda, a construción de de vivendas modulares ou os servizos relacionados coa valorización de recursos do territorio, como turismo ou os produtos agroalimentarios.

O delegado territorial da Xunta destacou que “nas 3 convocatorias da Costa da Morte participaron un total de 62 emprendedores con 55 proxectos. Na actual edición, con 20 proxectos, un 80 % dos participantes xa iniciou a súa actividade como empresa”. Neste sentido, engadiu que o obxectivo destes espazos de emprendemento é “axudar a madurar e a pulir as ideas de negocio e procuramos darlles as claves para saír ao mercado con recursos e motivación”:Esta aceleradora, na que nas dúas edicións anteriores se apoiaron 35 iniciativas emprendedoras, forma parte da rede de espazos creada pola Conselleira de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI). Cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), a rede ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio, contribuíndo á posta en marcha e consolidación de novas empresas no territorio.

Nestes días finalizan tamén as accións de formación e asesoramento das últimas edicións dos espazos coworking de Celanova-Terras da Limia, Ribeira Sacra, Costa da Morte, Mariña lucense e Ferrolterra, nas que, en conxunto, se apoiaron 130 novos proxectos de emprendemento. Desde o comezo da súa actividade e ata finais de 2018, estas iniciativas terán impulsado un total de 440 proxectos de 540 emprendedores.

Os novos empresarios poderán seguir contando cos servizos e os instrumentos de apoio que ofrece a Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar a posta en marcha e a consolidación temperá das novas empresas. Deste xeito, poderán continuar accedendo ao asesoramento especializado ou titoría que precisen, así como a préstamos directos como os activados no novo programa de instrumentos financeiros innovadores (IFIs) para financiar os seus investimentos.


- Te recomendamos -