Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada LU-124,...

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada LU-124, no treito entre Riotorto e Vilameá, cun investimento de máis de 472.000 euros

0

Para levar a cabo esta actuación cómpre pechar un carril de circulación mentres se executen os traballos, aproximadamente ata o mes de decembro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia as obras de mellora de firme na estrada LU-124, no treito entre Riotorto e Vilameá.

Estas actuacións foron adxudicadas á empresa Construcciones Isidro Otero, S.

L por un investimento de máis de 472.000 euros.

Para levar a cabo os traballos cómpre pechar un carril de circulación mentres se executan, aproximadamente ata o mes de decembro. Neste sentido, a Xunta prevé finalizar as obras antes de finais de ano, se as condicións meteorolóxicas son favorables.

O proxecto ten como obxectivo a rehabilitación do firme do tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 23+040, á saída da travesía de Riotorto, e o 29+550, no final da estrada en Vilameá, na intersección coa N-640).

Os traballos centraranse na extensión dunha nova capa de rodadura en toda a sección, incluídas as travesías de Recesende e Vilameá.

A actuación tamén prevé accións complementarias para a mellora da súa sinalización e as defensas mediante o reforzo das sinais verticais, a substitución dos postes das barreiras de seguridade e a colocación de tramos de sistemas de contención. Tamén se construirán cunetas formigonadas de seguridade para mellor a drenaxe.

A Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións co fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. 


- Te recomendamos -