Inicio Galicia A Xunta inviste nas explotacións agrarias do sur da provincia de Lugo...

A Xunta inviste nas explotacións agrarias do sur da provincia de Lugo máis de 5,4 millóns de euros en plans de mellora, pequenas explotacións e incorporación de mozos e mozas ao agro

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou no Saviñao a granxa de produción de pavos Agromuiño, beneficiaria destas axudas da Consellería do Medio Rural


A Consellería do Medio Rural apoiou cunha achega que supera os 5,4 millóns de euros a 86 explotacións gandeiras e agrícolas do Sur da provincia de Lugo (comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada) beneficiarias da orde de subvencións conxunta para plans de mellora, pequenas explotacións e incorporación de mozos e mozas.

En concreto, as axudas resoltas o ano pasado e executadas nesta anualidade inclúen, por unha banda, máis de 891.500 euros con cargo as axudas dirixidas a apoiar a incorporación de 23 mozos e mozas, aos que hai que engadir 4,5 millóns de euros adicionais para axudas directas ás 58 explotacións das comarcas do sur lucense beneficiarias dos plans de mellora e, finalmente, 75.000 euros previstos en axudas para pequenas explotacións.

Entre os gastos subvencionables por esta orde de axudas de convocatoria anual, están a compra de nova maquinaria, gastos para a elaboración de proxectos técnicos de construción ou reforma das explotacións, permisos, licenzas, plantación e mellora de cultivos, compra de novos terreos e adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, entre outros. Ademais, tamén se apoia economicamente a incorporación de mozos ás actividades agrarias e gandeiras, co fin de fomentar o relevo xeracional nas explotacións.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

Granxa de pavosAsí o explicou está mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a modo de balance, durante a visita á empresa Agromuiño, en Saviñao. A devandita explotación exemplifica a utilidade destes apoios, xa que que aproveita as axudas para poñer en marcha unha nova nave de produción e sumar a un traballador mozo á actividade.

En concreto, a través dun plan de mellora Agromuiño conseguiu diversificar a actividade actual dun dos socios traballadores, que era de leite de vacún, e incorporar a produción avícola, ata o punto de que espera producir 24.000 pavos. Ademais, incorpora ao cadro de persoal un mozo, menor de 30 anos, que contribuirá ao relevo xeracional na empresa. O proxecto inclúe tamén, nunha segunda fase, a construción doutra nave adicional.

Balseiro significou que a través de proxectos coma este se demostra que a Xunta de Galicia está no camiño correcto cando aposta por fomentar a agricultura e a gandería galegas mediante a modernización das explotacións e a incorporación de agricultores mozos, “para que o rural sexa sinónimo de emprendemento e xuventude e non de estancamento”.

Leer más:  En Galicia, la calidad del aire ha mejorado, con la mayoría de estaciones en situación favorable o regular, excepto en las zonas de Vigo

- Te recomendamos -