Inicio Galicia A Xunta apoia as demandas das entidades e familias con motivo do...

A Xunta apoia as demandas das entidades e familias con motivo do Día Mundial da Parálise Cerebral

0

Fabiola García reiterou o compromiso do Goberno autonómico de seguir achegando solucións que fomenten a integración e melloren a calidade de vida das persoas con diferentes capacidades


A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, participou hoxe nos actos organizados por Aspace-Coruña con motivo da celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral que se conmemora o vindeiro día 6. As actividades, desenvolvidas no parque da lagoa de Mera, consistiron na lectura dun manifesto por parte de dúas persoas con parálise cerebral; un baile flashmob coa canción da campaña nacional Non mires a outro lado, que se centra na sexualidade e afectividade deste colectivo; e unha exhibición de cerámica.

Na súa intervención, Fabiola García indicou que a Xunta se suma a demanda que se recolle no manifesto de Aspace en relación ao dereito que teñen as persoas afectadas por esta dependencia de vivir en espazos accesibles, sen importar que residan nunha zona urbana ou rural. “Queremos unha Galicia para todos e todas, sen exclusións nin barreiras”, apuntou.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

Así mesmo, a conselleira puxo en valor o labor que realizan as entidades sociais na defensa dos intereses e en favor da mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral e das súas familias. Ao respecto, reiterou o compromiso da Administración autonómica de seguir incrementando o apoio a estas persoas coa “achega de solucións que fomenten a integración e a mellora da calidade de vida, e mediante unha maior colaboración co movemento asociativo”.

Nesta liña, Fabiola García lembrou que este ano se volveu a aumentar un 5% o convenio de colaboración coa federación Aspace-Galicia, que se manteñen máis de 200 prazas concertadas nos deferentes centros de día, terapéuticos, ocupacionais e residencias das asociacións que integran a devandita federación e que os actuais orzamentos autonómicos destinan a cifra récord de 103 millóns de euros a persoas con discapacidade, practicamente un 9% máis que o exercicio pasado.

Por último, a titular de Política Social indicou que a pesar dos avances destes últimos anos quedan retos por superar, como a necesidade dunha maior sensibilización social con respecto ao alcance e dimensión que ten a parálise cerebral, seguir favorecendo a integración deste colectivo e darlle máis visibilidade. “Seguiremos no camiño de cumprir co compromiso de consolidar a rede de atención e de benestar que necesitan as persoas con parálise cerebral e as súas familias, traballando de maneira coordinada coas entidades que están todos os días ao carón deste colectivo”, concluíu. 

Leer más:  Un velero con tres tripulantes quedó sin timón después de una interacción con orcas en Fisterra y tuvo que ser remolcado

- Te recomendamos -