Inicio Galicia A Xunta insta ao Consorcio Provincial contra incendios de Pontevedra a homoxeneizar...

A Xunta insta ao Consorcio Provincial contra incendios de Pontevedra a homoxeneizar os salarios dos bombeiros

0

A medida desbloquea a proposta de que os efectivos dos parques provinciais cobren o mesmo que os seus compañeiros do resto de Galicia

A Xunta de Galicia instou hoxe ao Consorcio Provincial contra incendios de Pontevedra a impulsar a homoxeneización dos salarios dos bombeiros dos parques provinciais para que cobren o mesmo que os seus compañeiros do resto de Galicia.

A medida foi elevada hoxe ao Pleno do Consorcio polo director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor, quen destacou a súa importancia, xa que permite desbloquear a decisión política que xa fora acordada e que atopara algúns problemas administrativos por parte dos servizos técnicos da Deputación Provincial de Pontevedra. Deste xeito, dáse cobertura legal ao acordo alcanzado no mes de abril entre as dúas administracións que forman o Consorcio (Xunta e Deputación).

A homoxeneización de salarios dos efectivos de bombeiros é resultado do paso previo da constitución dos consorcios provinciais contra incendios. Esta homoxeneización xa foi aprobada nas provincias de Lugo e Ourense e, cando se culmine o acordo de hoxe, só quedaría a da Coruña. 

Leer más:  El PSdeG considera la moción de censura contra su alcalde en Muxía, apoyada por PP y BNG, como una "aberración"

- Te recomendamos -