Inicio Galicia O conselleiro do Medio Rural comeza a recibir aos axentes do sector...

O conselleiro do Medio Rural comeza a recibir aos axentes do sector para recoller as súas achegas a prol do agro galego

0

Trátase dos primeiros encontros cos que José González quere demostrar a súa disposición a atender as propostas de cada organización


O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo hoxe os seus primeiros encontros cos axentes do sector, entre os que estaban as organizacións profesionais agrarias galegas, para tomar nota das súas inquedanzas e recoller as súas achegas a prol do agro galego.

Neste sentido, reuniuse cos portavoces de Unións Agrarias, Roberto García, do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, da Asociación Agraria de Galicia, Francisco Bello, e de Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (Acruga), César Dorado. A todos eles o conselleiro ofreceulles a súa colaboración co obxectivo de traballar xuntos en favor do rural de Galicia e máis en concreto, dos gandeiros, agricultores e propietarios forestais.

Entre os seus obxectivos de cara aos próximos anos, José González mostrouse especialmente sensible coa mobilización de terras e declarou que tratará de impulsar todos aqueles procesos que impliquen poñer a producir terras abandonadas ou sen uso. Para iso, non só apostará polas reestruturacións parcelarias, senón por todo tipo de instrumentos de reorganización que permitan aumentar a base territorial das explotacións galegas e, como consecuencia, a superficie agraria útil de Galicia.

Ademais, esta situación está intrinsecamente ligada á competitividade das explotacións e á calidade dos produtos agroalimentarios, outro dos piares da consellería e da economía rural da nosa comunidade. Galicia é coñecida e recoñecida pola súa gastronomía e “intentaremos que así siga sendo a nivel nacional e internacional”, sinalou González.  


- Te recomendamos -