Inicio Galicia A Xunta destina preto de 2,6M? á consolidación de grupos de investigación...

A Xunta destina preto de 2,6M? á consolidación de grupos de investigación e á contratación de investigadores postdoutorais en centros de coñecemento non universitarios

0

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participa nun encontro de traballo co CSIC, que resultou beneficiario en ambas convocatorias e que conta tamén cun contrato programa para impulsar a súa actividade


A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, mantivo esta mañá un encontro de traballo co delegado do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara, e responsables dos centros do CSIC en Galicia: a Misión Biolóxica de Galicia, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, o Instituto de Investigacións Mariñas, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio. O obxectivo deste encontro era intercambiar información sobre o apoio por parte da Administración autonómica á investigación que se realiza nos centros de coñecemento en Galicia e recoller propostas e suxestións arredor destas liñas de apoio. Neste marco, Patricia Argerey anunciou a resolución de dúas convocatorias conxuntas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dirixidas a, por un lado, consolidar, estruturar e especializar unidades de investigación máis competitivas do sistema galego de I+D+i e, polo outro, á contratación de titulados superiores doutores para a súa formación en centros do sistema galego de I+D+i. A través da primeira destas liñas, cuxa resolución parcial se publica hoxe no DOG, Gain concede 13 axudas a organismos públicos de investigación, fundacións de investigación sanitaria e os centros de CSIC e IEO en Galicia, cunha dotación total de máis de 1,8 millóns de euros. Nesta liña de axudas, o CSIC recibe tres axudas: dúas para grupos con potencial de crecemento e unha para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. A segunda liña de axudas, que se publicará proximamente no DOG e cuxos datos están dispoñibles xa na páxina web de GAIN, apoia a contratación de 6 investigadores posdoutorais por importe de 734.000 euros, 3 deles en centros do CSIC en Galicia. Sumando estas resolucións ás de edicións anteriores e outras liñas de apoio, Gain apoia actualmente nos centros do CSIC en Galicia a contratación de 7 investigadores predoutorais; 7 investigadores posdoutorais; e 16 axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas (5 para grupos de referencia competitiva, 5 para grupos con potencial de crecemento, 5 proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente e 1 rede de investigación). Ademais destas liñas de axuda, o CSIC asinou recentemente un contrato programa coa Xunta, por importe de 400.000 euros, co obxectivo de potenciar as liñas estratéxicas de investigación; formar, captar e reter o talento; fomentar a participación e captación de fondos dos programas europeos de I+D+i; e protexer, valorizar e transferir os resultados da investigación.

Leer más:  La Xunta transfiere 12 millones a la USC para construir la nueva Facultad de Farmacia, programada para 2027

Impulsar a transferencia de coñecementoO encontro bilateral Gain-CSIC desta mañá serviu para establecer sinerxías arredor das liñas de apoio da Xunta aos centros de coñecemento galegos. A directora da Axencia Galega de Innovación presentou os distintos programas de apoio á captación e retención de talento, ao emprendemento innovador, á innovación nas pemes e á atracción de capital privado, facendo especial fincapé nas medidas de impulso á transferencia de coñecemento ao tecido empresarial, en liña coas prioridades do Plan Galicia Innova 2020. De feito, os centros do CSIC teñen participado como entidades subcontratadas en proxectos de investigación aplicada liderados por empresas e apoiados polo Programa Conecta Peme.

Patricia Argerey subliñou que os retos do próximo plan galego de I+D+i son poñer en valor a investigación científico-tecnolóxica que se produce en Galicia impulsando o coñecemento orientado á industria; mellorar a transferencia dese coñecemento e acadar o retorno dos investimentos á sociedade, grazas á obtención de resultados comercializables que permitan crear novas empresas e novos empregos.

Leer más:  Trasladada en helicóptero una persona tras caerse en una zona de rocas del puerto de Muxía (A Coruña)

Argerey lembrou tamén a liña de apoio á contratación de persoal de alta cualificación para realizar tarefas de I+D+i en empresas e organismos de investigación non universitarios -o programa Talento Sénior-, que vén de abrir o prazo de solicitude, e que apoia con 64.000 euros a contratación durante un período mínimo de tres anos.  


- Te recomendamos -