Inicio Galicia O encontro internacional EAVE Producers Workshop abre o prazo para a inscrición...

O encontro internacional EAVE Producers Workshop abre o prazo para a inscrición de profesionais do audiovisual galego

0

A Agadic e os organizadores do evento colaboran para que as persoas vinculadas ao sector en Galicia poidan acudir de xeito gratuíto ás sesións plenarias do programa, que se desenvolverá en Santiago do 22 ao 29 de outubro

O programa formativo EAVE (European Audiovisual Entrepreneurs) e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colaboran para abrirlle aos profesionais e estudantes do audiovisual de Galicia parte do programa do prestixioso curso internacional EAVE Producers Workshop, que celebrará a súa última terceira e última cita de 2018 en Santiago do 22 ao 29 de outubro.

As persoas vinculadas ao sector en Galicia poderán asistir ás sete sesión plenarias deste encontro, de xeito gratuíto e previo rexistro ata o vindeiro xoves 4 no correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.gal. A difusión, o storytelling nos novos medios, a relación entre a produción e a dirección nun filme, as implicacións financeiras do cambio dixital ou os aspectos legais da coprodución son algúns dos temas que se abordarán nestas xornadas.

Esta é unha das vías mediante a que o EAVE Producers Workshop se abre á participación galega, en paralelo ao programa específico para o medio centenar de produtores de 36 países que asiste ao curso este ano.

Leer más:  Un 71,3% de los egresados de la UVigo consiguen empleo después de cinco meses de graduarse y un 20% decide continuar con sus estudios

Taller localO acordo entre a Agadic e a entidade luxemburguesa promotora inclúe, ademais, a organización dun taller local, para o que xa foron seleccionados oito profesionais galegos tras unha convocatoria pública. A listaxe de participantes está dispoñible para a súa consulta na sección de avisos do web http://www.agadic.gal.

A través de ambas vías, a que será a última residencia de 2018 do EAVE Producers Workshop, despois das xa celebradas en Luxemburgo e Noruega, permitiralles aos integrantes da industria audiovisual galega entrar en contacto directo cos 50 produtores internacionais participantes nesta edición e mais co equipo pedagóxico.

Fundado en 1988, o EAVE está considerado como o principal programa de capacitación e desenvolvemento de produtores audiovisuais en Europa. Nos últimos anos, ampliou as súas oportunidades de formación con novas alianzas en América Latina e Asia. O Producers Workshop é o seu programa estrela, por ser un dos máis relevantes e de maior éxito para a coprodución internacional a nivel europeo. Moitos dos seus proxectos acadan bos resultados en recadación, vendas, distribución e presenza en festivais cinematográficos de primeira liña, e os premios máis importantes do mundo contan con títulos impulsados polo alumnado do EAVE.

Leer más:  Sanidad aumenta en un millón la licitación del trasporte de sangre y órganos tras quedar desierta la anterior

- Te recomendamos -