Inicio Galicia Miranda lembra aos mozos galegos de Venezuela a responsabilidade que formar parte...

Miranda lembra aos mozos galegos de Venezuela a responsabilidade que formar parte do Camiño de Santiago lles deu como embaixadores da súa terra de orixe de cara ao 2021

0

O secretario xeral da Emigración presidiu o acto de inicio do curso do Colexio Castelao da Hermandad Gallega de Caracas e entregou as Compostelas ao participantes do programa Conecta con Galicia


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dedicou a parte central da súa viaxe a Venezuela, a terceira que realiza este ano ao país suramericano, ás novas xeracións de galegos residentes na república. Aos máis novos e aos mozos tivo oportunidade de dirixirse o responsable autonómico tanto durante o acto de entrega de Compostelas ao participantes no programa Conecta con Galicia deste verán como no inicio do curso escolar no Colexio Castelo.

O primeiro acto tivo lugar no gran salón da Hermandad Gallega de Venezuela, no que o secretario xeral da Emigración, acompañado polo xerente da Oficina de Atracción de Investimentos GaliciaINVEST do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Leopoldo Yeste Sánchez, felicitou os máis de vinte beneficiarios do programa deseñado polo Goberno galego pola acreditación oficial de peregrinos do Camiño de Santiago. “A dureza das rutas cara Compostela, ademais dalgunha que outra dor de pés ou de pernas, tenvos agasallado con algo do que vos podedes sentir máis ca orgullosos: fíxovos testemuñas en primeira persoa dun dos eventos máis importantes do ano 2021, o Xacobeo”, sinaloulles Miranda, quen lles lembrou “a enorme responsabilidade que esta experiencia vos deu como embaixadores da terra de orixe dos vosos pais e avós”.

A continuación, o responsable autonómico mantivo un encontro con xóvenes do sector das novas tecnoloxías, aos que expuxo as necesidades de especialistas no sector das TIC que ten Galicia nestes intres. Ofrecer asesoramento e alternativas profesionais aos mozos galegos de Venezuela que desexan retornar á comunidade autónoma é un dos principais obxectivos da Estratexia Retorna 2020, que dedica gran parte das 52 medidas que a conforman ao apoio e incentivo tanto educativo como profesional dos máis novos. De primaria ao galegoO acto de inicio do curso escolar levou hoxe ao secretario xeral da Emigración ao Colexio Castelao, o centro escolar pertencente á Hermandad Gallega de Caracas, que cada ano recibe nas súas aulas preto de medio milleiro de nenos e mozos que completan alí a súa formación básica. Dotado de biblioteca, laboratorios de bioloxía e informática, no seu programa educativo salienta a Cátedra de Idioma Gallego. O persoal directivo, sinala o propio centro, organiza ao longo do ano diversas actividades que perseguen brindar educación integral e de calidade nun contexto no que se divulguen e defendan o idioma e a cultura de Galicia como país de orixe, así como os de Venezuela. 


- Te recomendamos -