Inicio Galicia A Xunta solicita a Fomento que autorice a conexión da Vía Ártabra...

A Xunta solicita a Fomento que autorice a conexión da Vía Ártabra coa N-VI para evitar que se perda unha inversión de 35 millóns de euros

0

O delegado da Xunta na Coruña advirte que o Estado ten a obriga de dar o visto bo a esa conexión porque o contrario sería ir en contra, sen motivo, dos intereses da cidade e da comarca da Coruña

O delegado territorial da Xunta valorou, esta mañá, a decisión da Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez de licitar a obra pendente de finalización da Vía Ártabra a pesar da postura do Ministerio de Fomento de paralizar o informe pendente para permitir a conexión coa AP-9, antepoñendo os intereses da concesionaria Audasa. Neste senso, aplaudiu o paso dado pola Xunta de Galicia de seguir adiante co proxecto, licitando a obra nos vindeiros meses, á espera de que se busque unha solución porque os coruñeses non se merecen perder unha inversión de 35 millóns de euros polos intereses da concesionaria da AP-9.

Ovidio Rodeiro destacou que “á espera de que se busque unha solución o urxente é seguir avanzando na licitación da obra porque o contrario suporía perder unha inversión e frear o avance dunha estrada moi demandada por todos os veciños e que xa conta con 4 millóns no orzamento da Xunta de Galicia para este ano”.

A decisión do Ministerio de Fomento de condicionar a autorización do proxecto da Xunta á realización do seu propio estudio supón bloquear a licitación e retrasar unha das obras fundamentais para a competitividade, a mobilidade e a seguridade viaria na comarca da Coruña.

Ovidio Rodeiro apuntou que “durante a elaboración do proxecto construtivo a Xunta achegou un estudo completo de mobilidade na comarca da Coruña, estudio que agora pon en cuestión o Ministerio de Fomento”. “O traballo que queren facer xa está feito polos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas. O único motivo real que hai detrás desta manobra dilatoria é antepoñer os intereses económicos de Audasa por riba dos intereses de todos os coruñeses”, puntualizou.

Por todo iso, o delegado territorial solicitó ao Ministerio de Fomento que dé resposta canto antes a solicitude presentada, a semana pasada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, para autorizar a conexión coa N-VI para seguir avanzando coa licitación da obra á espera de que se atope unha decisión definitiva para a conexión coa AP-9. 


- Te recomendamos -