Inicio Galicia O 061 de Galicia asistiu a 64 persoas por 48 accidentes de...

O 061 de Galicia asistiu a 64 persoas por 48 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15:00 horas do venres 28 de setembro ata as 23:59 horas do domingo 30 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 61 chamadas por accidentes de tráfico

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018.- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 64 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 28 de setembro ata as 23:59 horas do domingo, 30 de setembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 18 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 61 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 64 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 56 % e do 44 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31 % dos atendidos tiña entre os 45 e os 59 anos.

Leer más:  Feijóo se siente tranquilo ante la comisión de investigación gallega sobre varios contratos de la Xunta

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Normal

0

21

false

false

false

Provincia


- Te recomendamos -