Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal do concello de Lobeira, parroquia de Parada, que...

Extinguido o incendio forestal do concello de Lobeira, parroquia de Parada, que afectou ao Parque Natural do Xurés

0

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 24,5 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal no concello ourensán de Lobeira, parroquia de Parada, e que afectou o parque natural do Xurés quedou extinguido ás 20,35 h.

O lume comezaba onte ás 21,05 h. en dous puntos e, segundo s últimas estimacións, afectou 24,5 hectáreas, das que 18 son de monte arborado e 6,5 de raso. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 5 axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado CervantesPermanece controlado dende as 9,06 h. de hoxe o incendio forestal de Cervantes, parroquia de Donís, que comenzara o día 27 ás 18,08 h. parece que provocado por un raio. A superficie aproximada afectada é de 12,5 hectáreas, 12 delas de monte raso e 0,5 de arborado. Neste lume mobilizáronse 1 técnico, 9 axentes, 45 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


- Te recomendamos -