Inicio Galicia López-Chaves reafirma a vontade da Xunta de concluír a senda litoral de...

López-Chaves reafirma a vontade da Xunta de concluír a senda litoral de Moaña e pídelle ao concello que axilice a cesión

0

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, reuniuse hoxe con veciños do municipio aos que lles transmitiu que o goberno local “xa non ten escusa para o bloqueo”

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, reafirmou hoxe a vontade do Goberno galego de concluír a senda litoral de Moaña, cuxas obras quedaron suspendidas en dous tramos en maio do 2016 ao pertencer os terreos por onde discorre o paseo á Dirección Xeral de Costas do Estado.

O representante autonómico visitou hoxe a contorna marítima do municipio pontevedrés a petición dun grupo de veciños que quixeron coñecer de primeira man a situación desta intervención, preocupados pola demora que sofre o proxecto. López-Chaves transmitiulles que a intención da Administración autonómica é a de culminar canto antes a actuación, e aproveitou a ocasión para reclamarlle de novo ao Concello que negocie a cesión dos terreos. Segundo dixo, tras o pronunciamento da Dirección Xeral de Patrimonio, que determinou a compatibilidade da continuidade do paseo coa protección dos estaleiros, en sintonía co nivel das edificacións, “o goberno local xa non ten escusa para o bloqueo”. Neste senso, insistiu unha vez máis na necesidade de que o Concello moañés logre as cesións para continuar coa execución da obra que completará o litoral local.  


- Te recomendamos -