Os directores de Xustiza e Emerxencias e Interior, Juan José Martín e Luis Menor, respectivamente inauguraron esta mañá o Encontro de Xuíces e Xuíces de Paz
A Xunta continúa coa formación en materia de Xustiza coa inauguración hoxe do Encontro de Xuíces e Xuíces de Paz, na que participaron os directores de Xustiza e Emerxencias e Interior, Juan José Martín e Luis Menor, respectivamente.
O Encontro que hoxe reúne na Academia a titulares dos Xulgados de Paz galegos enmarcase no convenio asinado asinado entre a Xunta de Galicia e o CGPJ, polo cal os profesionais da Xustiza poderán beneficiarse da formación que impartirá a Academia destinada a fiscais, letrados da Administración de Xustiza, avogados do Estado e médicos forenses.
O obxectivo da AGASP é seguir fortalecendo a formación en materia de xustiza, sumando as actividades deste convenio á formación que xa se iniciou en 2016 para xuíces e maxistrados, e á celebración das probas de acceso á Avogacía na sede da AGASP, que xa van pola súa cuarta edición. Deste xeito, séguense sumando sinerxías en materia formativa a alto nivel xurídico.
- Te recomendamos -