Inicio Galicia A Xunta mobiliza máis de 452.600 euros para o impulso á dixitalización...

A Xunta mobiliza máis de 452.600 euros para o impulso á dixitalización e dinamización do comercio de proximidade do Salnés

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que un total de 156 negocios da provincia, 75 asociacións de comerciantes e 4 federacións de empresarios e prazas de abastos beneficiaranse de dúas liñas de axudas a través das cales búscase impulsar a competitividade do sector e atraer clientela ao comercio de proximidade

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que a provincia de Pontevedra beneficiouse de dúas liñas de axudas por un total 1,7 millóns de euros destinadas a negocios, asociacións de praceiros e federación de comerciantes, co obxectivo de poñer en marcha iniciativas de dinamización do comercio de proximidade e mellorar a súa imaxe web.

Deste xeito, unha primeira liña céntrase na creación de páxinas web e mellora da imaxe en iña, loxística dixital ou packaging, ademais da reforma integral de locais. Dentro deste ámbito, beneficiáronse un total de 156 negocios da provincia, 31 deles na comarca do Salnés.

Deste xeito, Cores Tourís recordou que a Xunta mobiliza así máis de 4 millóns de euros na dixitalización e modernización de empresas comerciais e, como novidade deste ano, tamén artesanais, para a implantación de solucións dixitais que permitan os beneficiarios adaptarse ás novas fórmulas de comercialización e ás tendencias do mercado, así como proxectos de modernización integral de locais.“O obxectivo desta iniciativa é potenciar a presenza do comercio galego de proximidade nas redes sociais, impulsando a súa conexión co cliente e creando novas redes de fidelización e imaxe de marca, buscando adaptar o comercio de proximidade ás novas tendencias do mercado”, explicou o delegado territorial, quen destacou que se viron beneficiadas 6 empresas de Cambados, 10 de Sanxenxo, 10 de Vilagarcía de Arousa, outras 2 do Grove, e 1 de Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa e Meis. En total, a axuda que recibiron estas firmas do Salnés acadou os 239.584 euros.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

Por outra banda, a Xunta tamén apoia, con 1,06 millóns de euros, a dinamización dos centros comerciais abertos, prazas de abastos, federacións e asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra. Deste xeito, na comarca do Salnés beneficiáronse o Consorcio Comercio do Salnés de Cambados, así como a asociación de profesionais das prazas de abastos de Portonovo, Sanxenxo, O Grove, Vilanova e Vilagarcía de Arousa. Tamén, o Centro Comercial Urbano Entretendas de Sanxenxo, a Asociación Comercial Aberto Zona Aberta de Vilagarcía de Arousa e a Asociación Cambados Zona Centro de Cambados. En total, 220.500 euros.

A través destes apoios económicas, a Xunta colabora coas entidades e asociacións co obxectivo de impulsar a competitividade do sector, atraer e fidelizar a clientela do comercio d e proximidade e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. De feito, estas axudas permitirán realizar diferentes campañas de dinamización ou realizar melloras na sinalización comercial externa.

Estas axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición.

Leer más:  La Xunta ofrece en este curso más de 132.000 plazas en su programa de formación de docentes, un aumento del 7,5%

- Te recomendamos -