Inicio Galicia Ángeles Vázquez: ?O Feader foi pioneiro no emprendemento rural e por iso...

Ángeles Vázquez: ?O Feader foi pioneiro no emprendemento rural e por iso cómpre dar a batalla por manter estes fondos?

0

A conselleira do Medio Rural presidiu hoxe en Monterrei a apertura de dous cursos de formación organizados polo Grupo de Desenvolvemento Rural Monteval e lembrou a importancia da medida Leader na dinamización do agro galego

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe que o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) “foi pioneiro en apoiar o emprendemento no rural, coa particularidade de que os proxectos desenvólvense dende abaixo cara arriba”. Isto significa que é “a sociedade civil, as asociacións de calquera tipo e condición, os concellos e en definitiva a poboación no seu conxunto a que propón as actuacións a levar a cabo”.

A conselleira salientou este enfoque e a importancia da medida Leader na apertura hoxe en Monterrei (Ourense) de dous cursos de dinamización dos técnicos e do emprendemento organizados polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) 9 – Monteval. Neste acto sinalou tamén que precisamente por esa relevancia cómpre “dar a batalla tanto en Europa como en España, co resto de comunidades autónomas, para manter os fondos e por extensión as políticas que con eles desenvolvemos”.

A titular de Medio Rural, que estivo acompañada polo director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, puxo en valor, ademais, os datos deste GDR. Así, dixo que xestiona no período 2017-2019 un orzamento de 1,7 millóns de euros e que para a anualidade 2018-2019 xa ten aprobados un total de 40 solicitudes de proxectos de desenvolvemento rural, entre produtivos e non produtivos.

AsentamentoÁngeles Vázquez vinculou estas cifras co conxunto de fondos que moven os 24 GDR galegos, a través dos cales inxectáronse no período 2017-2018 preto de 20 millóns de euros en máis de 300 proxectos. Uns fondos que, remarcou, son “esenciais para o asentamento de poboación no rural”.

Por último, a conselleira destacou os contidos destes cursos, centrados na importancia de crear oportunidades de negocio e de traballo no agro, así como en fomentar a innovación no medio rural. E rematou valorando que con este tipo de accións formativas contribúese a “facer do rural un lugar atractivo para traballar, para desenvolver a nosa vida e, en definitiva, para vivir”. 


- Te recomendamos -