Inicio Galicia A Xunta destina preto de 120.000 euros a dez asociacións de veciños...

A Xunta destina preto de 120.000 euros a dez asociacións de veciños do concello de Mos para diversas actuacións de mellora nas súas instalacións e na rede de traída de augas

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández Tapias, acompañados da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo visitaron hoxe tres destas asociacións no concello mosense

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández Tapias visitaron esta tarde o concello de Mos, onde grazas ás orde de axudas da Xunta destinadas ás asociacións de veciños, un total de 10 asociacións recibiron axudas por un importe de preto de 120.000 euros.

Alfonso Rueda e Marta Fernández-Tapias que estiveron acompañados na súa visita pola alcaldes de Mos, Nidia Arévalo, visitou tres destas asociacións que grazas a estas axudas levaron a cabo actuacións de mellora no seus locais, reformas e adaptación das súas sedes para o acceso de discapacitados.

Esta orde de axudas leva tres anos convocada e permite ás entidades beneficiarias realizar investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso. Así mesmo, tamén posibilita actuar en camiños e traídas de augas veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese dos habitantes da contorna, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.

A Xunta segue apoiando ás asociacións veciñais para acometer proxectos que benefician á sociedade. Deste xeito, contribúese a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza, xa que todas estas organizacións traballan moi apegadas á cidadanía e ás súas demandasAlfonso Rueda visitou tamén as instalacións do grupo de Emerxencias, onde puxo en valor o traballo destes profesionais que complementan o mapa de emerxencias da nosa comunidade, dando resposta ante as incidencias xunto as parques de bombeiros municipais e comarcais e os voluntarios de Protección Civil. 


- Te recomendamos -