O 2 e 3 de outubro será a quenda para os propietarios de fincas afectadas polas obras de Areas, que asistirán ao Concello de Tui, entre as 09: 30 e as 13:30
A Xunta vén de convocar no vindeiro mes de outubro aos propietarios dos terreos afectados polas obras de acceso ao polígono de Areas e á depuradora de Guillarei, en Tui, para o levantamento de actas previas.
O Goberno galego cita para os vindeiros días 2 e 3 de outubro aos propietarios dos terreos afectados pola execución do semienlace de acceso ao polígono industrial de Areas-Tui, desde a Vía de Altas Prestacións, Tui –A Guarda.
Os interesados deberán acudir á casa consistorial de Tui, entre as 09:30 e as 13:30 horas. O día 2 de outubro emprázase aos propietarios cuxos apelidos van da letra A á M, citándose ao resto dos propietarios para o seguinte día 3 de outubro.
Este semienlace complementa á ligazón prevista entre a A-55 e a VAP Tui- A Guarda, conectando directamente o polígono de Areas con estas vías de alta capacidade, atendendo á demanda dos veciños e usuarios do polígono de mellora das conexións desta zona industrial. A Xunta está a ultimar a redacción do proxecto que integra o semienlace de Areas no proxecto completo do enlace entre a A-55 e a vía de alta capacidade Tui -A Guarda.
Rotonda en GuillareiPor outra parte, a Xunta tamén vén de convocar para o 10 de outubro aos titulares de fincas afectadas pola construción da rotonda de acceso á estación depuradora de Guillarei, na estrada PO-404, en Tui.
Os afectados deberán acudir á casa consistorial no horario comprendido entre as 9 e as 14 horas do día indicado.
A intervención proxectada ten por obxecto a mellora da intersección existente no núcleo de Guillarei, no punto quilométrico 1+900 da estrada de titularidade autonómica, pola que se accede á depuradora e á praia fluvial, mediante a execución dunha glorieta.
Estas obras xa están en proceso de adxudicación, que vai en paralelo á expropiación.
- Te recomendamos -