Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes

0

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 42,8 hectáreas de monte raso

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal do concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes, deuse por extinguido ás 21,30 h. de hoxe.

O incendio comezou ás 00,04 h. da pasada madrugada e segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 42,8 hectáreas de monte raso. Para extinguir este lume mobilizáronse 5 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  


- Te recomendamos -