Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 46 hectáreas de monte raso
A Consellería do Medio Rural informa de que ás 13,15 h. deste mediodía quedou controlado o lume rexistrado no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Terroso, que se iniciaba onte ás 20,31 h.
Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 46 hectáreas de monte raso. Nos labores de control deste incendio levan participado 3 axentes, 14 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
- Te recomendamos -