A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá ao subdelegado do Goberno na provincia, Emilio González Afonso. A representante do Goberno galego mantivo así o seu primeiro encontro institucional con González Afonso desde a súa toma de posesión, o pasado mes de xullo.
Na xuntanza abordaron diversos aspectos nos que ambas as dúas institucións están implicadas. Marisol Díaz puxo de manifesto a necesidade de manter diálogo e colaboración para traballar de xeito coordinado polo futuro da provincia.
- Te recomendamos -