Inicio Galicia A Xunta participa en Madrid na reunión do Observatorio contra a Violencia...

A Xunta participa en Madrid na reunión do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero

0

O encontro estivo presidido polo presidente do Tribunal Supremo e Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes e asistiron a fiscal xeral do Estado, o secretario de Estado de Xustiza e a delegada del Goberno para a Violencia de Xénero, entre outras autoridades


A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella participou esta mañá na sede do Consello Xeral do Poder Xudicial na reunión de institucións do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, onde se levou a cabo un seguimento das medidas contempladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

O encontro que estivo presidido polo presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes e á que asistiron a fiscal xeral do Estado, María José Segarra; o secretario de Estado de Xustiza, Manuel Dolz, a delegada do Goberno para a Violencia de Xénero, Pilar Llop; a presidenta do Consello Xeral da Avogacía, e responsables do Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (VioXén) do Ministerio do Interior.

Susana López Abella é a representante das comunidades autónomas con competencias transferidas en materia de Xustiza no seo do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, que está presidido pola vocal do CXPX, Ángeles Carmona, polo órgano de Goberno dos xuíces, polos Ministerio de Xustiza; Presidencia, Relacións coa Cortes e Igualdade; Interior; Fiscalía Xeral do Estado, Consello Xeral da Avogacía Española e Consello Xeral de Procuradores de España. 


- Te recomendamos -