Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,00 h

0

Permanece estabilizado un lume no concello de Vilalba, parroquia de Vilapedre

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,00 h. de hoxe.

Estabilizado VilalbaPermanece estabilizado dende as 17,10 h. un lume rexistrado no concello de Vilalba, parroquia de Vilapedre, que comezaba esta mañá ás 10,06 h. e que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 33 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballan 1 técnico, 4 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

Extinguido LobiosQuedou extinguido ás 19,27 h. o lume rexistrado no concello de Lobios, parroquia de Manín, e que afectaba ao parque natural do Xurés. Este lume iniciouse ás 18,49 h. do domingo e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 25 hectáreas, das cales 20 son de monte raso e as 5 restantes de arborado. Neste incendio mobilizáronse 1 técnico, 11 axentes, 41 brigadas, 23 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións. Extinguido Vilariño de ConsoTamén quedou extinguido ás 20,00 h. o lume rexistrado no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, e que afectou o parque natural do Invernadeiro. O incendio comezou o venres ás 16,42 h. e, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 40,1 hectáreas, das cales 25,63 foron de monte raso e as 14,47 restantes de arborado. Na extinción traballaron 2 técnicos, 27 axentes, 73 brigadas, 30 motobombas, 1 pa, 15 helicópteros e 8 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  


- Te recomendamos -