Inicio Galicia A directora xeral de Administración Local asiste á inauguración da Casa do...

A directora xeral de Administración Local asiste á inauguración da Casa do Pobo de Vilán, en Fornelos de Montes

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe na inauguración da Casa do pobo do barrio de Vilán, no municipio pontevedrés de Fornelos de Montes.

As obras contaron cunha subvención da Vicepresidencia da Xunta de Galicia e permitiron a restauración do inmoble orixinal. A Casa do Pobo sirve de lugar de encontro para as 34 familias asociadas e nela celébranse xuntanzas, cursos, ciclos de cine… etc. 


- Te recomendamos -