Inicio Galicia Apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Castelaus, no concello...

Apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Castelaus, no concello ourensán de Calvos de Randín

0

Dáse así un paso máis de cara á finalización desta reorganización territorial de carácter forestal

A Consellería do Medio Rural vén de aprobar o acordo da concentración parcelaria da zona de Castelaus, no concello ourensán de Calvos de Randín. Este paso supón a determinación dos predios de reemplazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra.

Neste caso, falamos da reorganización de 10.897 parcelas que pasan a ser 1.313 predios pertencentes a 422 propietarios. En total son 742 hectáreas de actuación, principalmente para labradío, onde os veciños se viron beneficiados polo incremento da superficie media das terras, que foi superior ao 600%, pois pasouse de 600 metros cadrados a máis de 4.600 m2.

Este anuncio, que se publicará en breve no Diario Oficial de Galicia, foi asinado xa polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e permite dar un paso máis na finalización deste proceso. Nesta reorganización territorial lévanse investido máis de 2 millóns de euros, a meirande parte destinados á execución da rede de camiños e a investimentos en servizos técnicos.


- Te recomendamos -