Inicio Galicia O Museo do Mar de Galicia acolle a mostra itinerante da ?XII...

O Museo do Mar de Galicia acolle a mostra itinerante da ?XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico?

0

O conselleiro de Cultura e o secretario xeral do Eixo Atlántico inauguraron esta exposición na que se poden contemplar un total de 28 obras inéditas de artistas galegos e portugueses

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, inauguraron hoxe no Museo do Mar de Galicia a mostra da XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico 2017-2018. A exposición poderá visitarse no Museo do Mar de Galicia até o vindeiro 14 de outubro no horario de apertura do centro, recollido na seguinte ligazón http://museodomar.xunta.gal/es/visita/168/horarios.

Un total de 28 traballos inéditos de creadores e creadoras galegos e portugueses, seleccionados entre máis de 120 traballos admitidos a concurso, conforman a exposición itinerante da bienal, promovida polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular co apoio da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia. A mostra percorrerá tamén Monforte de Lemos, Lugo, Lalín e Barcelos até febreiro de 2019.

Un gran exemplo da arte dos nosos díasRomán Rodríguez destacou a importancia de que un centro dependente da Xunta de Galicia, como o Museo do Mar de Galicia, acolla esta exposición que inclúe as obras finalistas da Bienal e explicou que a mostra é “un gran exemplo” do moito e bo que se está a facer no eido pictórico en dous territorios irmandados como son Galicia e Norte de Portugal.

Así mesmo, o titular de Cultura puxo de relevo o valor que “proxectos culturais como o que hoxe nos reúne” teñen para o crecemento e consolidación da cohesión territorial e a intensificación das relacións na Eurorrexión galego-portuguesa. Rodríguez rematou a súa intervención lembrando á artista viguesa Berta Álvarez Cáccamo, galardoada na primeira edición desta bienal e que finou o pasado mes maio. “Os artistas, os verdadeiros artistas, ?explicou o conselleiro? perviven na súa obra. O seu legado non caduca, nunca esmorece.”A portuguesa Fátima Teles, gañadora da BienalA obra Série 0, Descontruindo, de Fátima Teles foi a obra gañadora do primeiro premio da bienal de 2017-2018. Esta artista merecera xa unha mención especial na edición anterior do concurso. O segundo premio foi para os traballos Two Big Women, de Marco Macedo, na categoría de autor portugués, e, na de autor galego, América, de Xosé Luís Carreira López. O premio de novos talentos recaeu en Fragmentos de Memória, de Fábio Araújo.

Unha exposición únicaA bienal, organizada polo Eixo Atlántico xunto coa Fundação dá Juventude (FJ) de Portugal e co apoio da Xunta de Galicia é a única exposición itinerante entre dous países da Unión Europea e ten como principal obxectivo favorecer un espazo de promoción e intercambio de novos creadores e creadoras da Eurorrexión. 


- Te recomendamos -