Inicio Galicia Activo un incendio forestal no concello ourensán de Vilariño de Conso que...

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Vilariño de Conso que afecta o Parque Natural do Invernadeiro

0

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 3 hectáreas

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018.- A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo arestora no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, que afecta o parque natural do Invernadeiro.

O incendio comezou esta tarde ás 16,42 h. e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie dunhas 3 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 2 axentes, 10 brigadas, 3 motobombas, 7 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  


- Te recomendamos -