Inicio Galicia Preto de 147.500 estudantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime...

Preto de 147.500 estudantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2018/19 o vindeiro luns

0

A matriculación increméntase tan só nun 0,2 %, á espera dos datos definitivos


Un total de 147.439 estudantes comezarán o vindeiro luns, 17 de setembro, as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.

ESOSegundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 92.285 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 1,2 % máis ca no curso 2017/18.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

 


- Te recomendamos -