Normal
0
21
false
false
false
ES
X-NONE
X-NONE
/* Style Definitions */
table.
MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”,”serif”;}
Bos Aires (Arxentina), 8 de setembro de 2018.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta tarde a inauguración e bendición do cruceiro de máis de dúas toneladas de peso e cinco metros de altura que desde hoxe marca unha das etapas centrais da ruta Xacobea Antártica, que parte da cidade austral de Ushuaia para rematar en Santiago de Compostela. O acto, ao que acudiron centos de persoas, tivo lugar na rúa Bolívar, moi preto da súa confluencia con Adolfo Alsina e a apenas uns metros da Praza de Maio. É alí onde se atopa a igrexa de San Ignacio de Loyola, cuxo párroco, Francisco Baigorria, dirixiu tanto a liturxia previa á inauguración como a propia bendición, que tivo lugar no adro. Ao evento asistiron numerosas personalidades da colectividade galega na Arxentina, ademais doutros representantes institucionais na capital andina, como o como o cónsul adxunto de España, Jorge Noval; e o delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro; e o director de No Residentes de Abanca, Alberto Cacharrón; e o presidente da Obra Social Ospaña, José Luis Seoane, dúas das entidades privadas que colaboraron coa fabricación e instalación do monumento. Un símbolo para os novos galegos Miranda salientou durante o emotivo acto “a relevancia, non só simbólica, senón tamén histórica, que ten a presenza deste cruceiro a apenas uns metros do corazón desta cidade, que tantos galegos acubillou e segue a acubillar, e que nos agasalla aínda hoxe con tantos galegos novos cada día”. “Esta peza de arte”, engadiu o responsable autonómico, “non está aquí só para lembrar a aqueles que viñeron un día a empezar aquí unha nova vida que seguemos a lembralos, senón para dicirlles aos seus fillos, netos e mesmo bisnetos que tamén eles forman parte de nós, e que Galicia segue a esperalos cos brazos abertos se queren volver á súa terra”. O secretario xeral da Emigración dedicou unhas palabras de agradecemento “a todas as institucións españolas e arxentinas, públicas e privadas, procedentes de diversos sectores, como a Embaixada de España, Abanca ou Ospaña, que colaboraron neste proxecto sen outro interese que velo convertido en realidade e permitir a Galicia seguir a estar un pouco máis preto dos seus na Arxentina”. Trala inauguración, durante a cal varias agrupacións musicais da Arxentina e Galicia interpretaron os tres himnos oficiais (o arxentino, o español e o galego), os arredores da igrexa de San Ignacio encheuse de postos de produtos típicos galegos e de actuacións que correron a cargo das bandas de gaitas, baile e percusións dos diferentes centros galegos de Bos Aires. Unha exposición sobre o chamado “Camiño Branco de Santiago”, amosou diversas imaxes sobre algúns dos puntos máis impactantes da ruta Xacobea Antártica. O cruceiro foi fabricado no concello de Vilaboa, na provincia de Pontevedra, polo canteiro Manuel Collazo Torres. Ata A Arxentina nun buque da Armada A idea deste cruceiro naceu en 2015 cando, co gallo da Campaña Antártica 2015/2016, se impulsou o “Proxecto Xacobeo”, cuxo principal obxectivo era abrir unha vía desde a Antártida a Santiago de Compostela, centrado en tres puntos chave: a Base Gabriel de Castilla, Ushuaia e Bos Aires. Foi precisamente o buque Bio Hespérides da Armada española o encargado de transportar o monumento desde España ata A Arxentina. A elección da igrexa de San Ignacio de Loyola dentro en Bos Aires xurdiu porque é a que acubilla cada ano a celebración do Día de Santiago en Bos Aires, ademais de por contar cun retablo dedicado ao Apóstolo e porque foi nela onde se celebrou o acto de “acollida e bendición” aos primeiros peregrinos do Camiño Antártico. A maioría deles eran membros da dotación do Bio Hespérides.
- Te recomendamos -