Inicio Galicia Controlado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de...

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño

0

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 26 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa do control do lume forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño, que comezou onte ás 15,41 h da tarde.

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 26 hectáreas, das cales 3 son arboradas e o resto de monte raso. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 7 axentes, 17 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


- Te recomendamos -