Inicio Galicia A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello coruñés...

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello coruñés de Porto do Son

0

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 38 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV-Barbanza, esclareceron un lume no concello coruñés de Porto do Son.

O lume tivo lugar o pasado 31 de agosto en San Pedro de Baroña no concello de Porto do Son deu comezo nunha cociña de gas. Afectou a unha superficie de 0,04 hectáreas de arborado. Para a extinción do mesmo foi necesaria a actuación do servizo antiincendios da Xunta de Galicia.

O atestado foi remitido ao Xulgado de Instrución un funcións de Garda de Noia (A Coruña). No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 38 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.


- Te recomendamos -