Inicio Galicia A Xunta inicia un novo curso nas escolas infantís da Galiña Azul...

A Xunta inicia un novo curso nas escolas infantís da Galiña Azul con 2.993 nenos e nenas de 0 a 3 anos admitidos na provincia de Pontevedra

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acudiu hoxe ao comezo do curso na escola infantil da Delegación da Xunta na cidade do Lérez


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visitou esta mañá a escola infantil da Galiña Azul da Delegación Territorial da Xunta na cidade do Lerez coincidindo co inicio do novo curso escolar.

Os centros pertencentes a esta rede pública autonómica abren as súas portas cun total 2.993 nenos e nenas de 0 a 3 anos admitidos, un 5% máis que o ano anterior na provincia de Pontevedra. En relación a capital da provincia, son 424 os nenos con praza definitiva.

Na comarca de Pontevedra, a administración autonómica pon a disposición das familias 959 prazas nas 15 escolas da rede da Galiña Azul (Poio, Barro, Marín, Pontevedra, que conta con 6 escolas, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas e Vilaboa).

José Manuel Cores Tourís destacou tamén a posta en marcha de 5 novas escolas infantís en Galicia, das cales destacou a da Estrada e as de Mos na provincia de Pontevedra.

O delegado territorial destacou que no que atinxe á lista de agarda provisional, o inicio do curso rexistra 2981 solicitudes en toda Galicia que, no caso de que o teñan pedido, se poderán acoller ao programa Bono Concilia e recibir unha axuda de entre os 45 e os 250 euros mensuais, a contía varia en función da renda da unidade familiar, para contribuír ao pago de praza na escola infantil que elixan e que non conte con financiamento por parte da administración. Deste xeito, a lista de agarda volverá ser de cero un curso máis.

Así mesmo, cómpre salientar que se reservan 492 prazas para emerxencias en toda Galicia e que o número de vacantes ascende a 1292, a maioría das cales se corresponden con prazas non cubertas no grupo de idade de 0 a 1.

No presente curso 2018-219, Galicia pon a disposición das familias un total de 24.081 prazas sostidas con fondos públicos das cales 10.264 repártense entre as 172 escolas infantís que conforman o mapa de centros da Galiña Azul.

O resto das prazas complétanse coas que dependen de entidades de iniciativa social, da rede de escolas municipais, as prazas subvencionadas en escolas privadas que este curso se incrementan un 16% e se resolverán nos vindeiros días, as financiadas a través do Bono Concilia e as escolas que xestionan entidades como o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e as universidades.

Esta oferta sitúa a nosa comunidade cunha ratio de atención en prazas para escolares de 0 a 3 anos no 41%, oito puntos por enriba da media aconsellada pola Unión Europea.


- Te recomendamos -