Inicio Galicia A Xunta continúa impulsado medidas a prol do asociacionismo veciñal na nosa...

A Xunta continúa impulsado medidas a prol do asociacionismo veciñal na nosa Comunidade

0

Nos últimos 3 anos, o Goberno galego destinou máis de 6,4 millóns de euros no marco do Plan específico de acción comunitaria que engloba asociacións, confederación, federacións de veciños de Galicia

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández- Tapias indicou hoxe que o Goberno galego segue apostando pola dinamización do movemento veciñal como unha das principais vías para canalizar a participación cidadá en asuntos públicos.

Marta Fernández-Tapias sinalou na súa comparecencia na Cámara galega que as asociacións adoptan un papel interlocutor entre as Administracións e os veciños, polo que resulta imprenscindible a colaboración entre Xunta e asociacións veciñais como entidades vertebradoras da vida local que levan a cabo un importante papel trasladando as inquedanzas e necesidades da veciñanza ás Administración públicas.

As medidas que o Goberno galego está a desenvolver a prol do asociacionismo veciñal enmárcanse, por unha banda, na convocatoria de subvencións dentro do Plan especifico de acción comunitaria destinada a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia. Ao abeiro desta orde foron outorgadas 626 axudas cun orzamento que ascende a 6,4 millóns de euros.

Leer más:  Iberdrola renueva la línea de alta tensión de Xares a Sobradelo, en Ourense, con la asistencia de un helicóptero

Segundo indicou a directora xeral de Administración Local esta orde ten como finalidade outorgar axudas específicas para investimentos en servizos básicos municipais, como poden ser reformas, acondicionamento e mellora dos locais sociais, adquisición de novos equipamentos, organización de actividades e melloras e reparacións de camiños veciñais, entre outros. As axudas acadan os 17.000 euros dos que o Goberno galego realiza pagamentos anticipados do 100% da contía da subvención concedida a cada entidade beneficiaria.

Por outra banda, a Xunta impulsa o funcionamento da estrutura veciñal mediante o convenio de colaboración asinado coa Confederación Galega de Asociacións de Veciños “Rosalía de Castro” (COGAVE). A Xunta achega a COGAVE un total de 65.000 euros para o financiamento da programación e desenvolvemento de actividades e gastos de funcionamento, xa que a organización ten como un dos seus obxectivos primordiais dinamizar o movemento veciñal de Galicia, dando os servizos que as federacións demandan para garantir o mellor funcionamento asociativo.


- Te recomendamos -